Novas

ACTIVIDADES TEMPORADA 17-18

ACTIVIDADES TEMPORADA 17-18

A oferta de actividades de esta temporada volve a incluir actividades na auga e en seco.

Dentro das ACTIVIDADES ACUÁTICAS inclúense:

  • ACUAXÍM
  • NATACIÓN SINCRONIZADA
  • TRIATLÓN
  • BEBÉS
  • Ademáis de cursos de natación infantís, para nenos, multinatación para mozos e cursos de natación, terapéuticos e de mantemento para adultos.

Dentro das ACTIVIDADES EN SECO:

  • PILATES
  • ADESTRAMENTO FUNCIONAL
  • HIPOPRESIVOS
  • C.A.I. (Circuitos de alta Intensidade)

 

 

 

 

 

HORARIO CURSOS DE VERÁN

HORARIO CURSOS DE VERÁN

O horario das instalacións nos meses de xullo e agosto será:

De luns a venres: De 8.30 a 13.00 e de 19.30 a 23.00 h

Abrense novos horarios de cursos de natación para nenos durante as mañás. Pregunta en recepción.

No mes de outubro recuperase o horario normal de inverno.

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

A semana do 12 ó 17 de xuño realizarase a despedida do curso escolar 2.016-17  das actividades de Natación Escolar e dos cursos de natación para nenos, no día en que cada grupo acude habitualmente.

Durante esa semana as nais e pais d@s alumn@s poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan habitualmente. As clases rematarán uns minutos antes para realizar a entrega de diplomas ó finalizar as mesmas.

Os alumnos de Natación Escolar terán clase con normalidade durante a seguinte semana do 19 ó 23 de xuño.

Os alumnos do resto dos cursos e outras actividades continuarán as clases ata fin de mes.

TRABALLA CON SEGURIDADE NO XIMNASIO

TRABALLA CON SEGURIDADE NO XIMNASIO

Recordase a todos os usuarios do ximnasio a importancia de manter unhas boas rutinas de adestramento e de seguir os consellos dos monitores relacionados ca seguridade e ca correcta execución dos exercicios.

A precaución non só se debe manter ó traballar con grandes cargas. Tamén ó realizar exercicios aeróbicos:

– Nas bicicletas mantén unha boa postura que permita distribuir a carga e unha extensión axeitada da perna. Se tes debida consulta ós monitores.

– Nas elípticas adapta a longitude da zancada á das túas pernas.

– Nas cintas MANTÉN SEMPRE A PINZA DE SEGURIDADE ENGANCHADA  ó teu corpo en todo momento (aínda que vaias andando). Así no caso de unha caída ou desequilibrio, a máquina parará. O exceso de confianza pode convertir un pequeño incidente en un accidente máis importante.

Grazas pola túa colaboración.

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Con motivo do fin do segundo trimestre, durante a semana do 3 ó 8 de abril as nais e pais de alumn@s dos cursos de natación escolar, infantís e de nenos poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

A primeira parte das clases realizarase con normalidade.

DUATLÓN INDOOR

DUATLÓN INDOOR

O sábado 11 de marzo a partir das 17.00 h. realizaremos un DUATLÓN nas instalacións da Piscina Municipal e na contorna da Carballeira.

As distancias aproximadas son:

3 km carreira

10 km bicicleta  (ximnasio)

2 km carreira

Xa podes inscribirte na recepción ata o sábado 11 ás 13.00 h (Prazas limitadas)

ANÍMATE A PARTICIPAR

CURSOS TARDE DE REIS

CURSOS TARDE DE REIS

O vindeiro xoves 5 de xaneiro (Noite de Reis) as instalacións permanecerán pechadas pola tarde.

Os alumnos dos cursos da tarde poderán acudir o mesmo día pola mañá co seguinte horario:

  • 10.00 h: Acuaxim.
  • 10.45 h: Maiores
  • 11.30 h: Nenos

Os interesados en acudir ós cursos da mañá poden inscribirse na recepción.

DOMINGO 18 DE DECEMBRO PECHADO POR COMPETICIÓN

DOMINGO 18 DE DECEMBRO PECHADO POR COMPETICIÓN

O vindeiro domingo 18 de decembro as instalacións (Piscina, Spa e Ximnasio) permanecerán pechadas por disputarse a Terceira xornada da Liga Galega de Salvamento Acuático que estará organizada polo Club Acuático Umia e se disputará durante a mañá e a tarde.

O acceso ás gradas para ver e apoiar ós deportistas de Caldas e a sua comarca será libre.

Desculpade as molestias.