As instalacións permanecerán pechadas a semana do 12 ó 18 de agosto (inclusive) para a realización de obras e outras tarefas de mantemento.
O día 19 abrirase o prazo de inscripción para os cursos e actividades da temporada 2.024-25 para aqueles que non se inscribiron nas actividades de xullo, agosto e setembro.
Autor: Administrador
PRAZOS DE INSCRIPCIÓN CURSOS VERÁN-24
Nas datas indicadas realizarase a apertura dos prazos de inscripción para os cursos e actividades do verán de 2.024 e da temporada 2.024-25
-CURSOS DE XULLO-AGOSTO-24: Apertura de prazo de inscripción: 03-06-24
-CURSOS DE SETEMBRO-24:Apertura de prazo de inscripción: 03-06-24
Os inscritos para setembro terán prioridade na
escolla de horario para outubro e o resto do curso
-CURSOS DENDE OUTUBRO E TEMPORADA 24-25: Apertura de prazo de inscripción: 19-08-24
SEMANA DE GRADAS ABERTAS PASCUA
Para finalizar o segundo trimestre do curso 23-24, e antes das vacacións escolares da Pascua, durante a semana do 18 ó 23 de abril as nais e pais d@s alumnos, poderán acceder ás gradas das instalacións durante os últimos minutos de cada sesión.
LARA ÁLVAREZ GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS NADAL-23
Lara Álvarez Piñeiro foi a gañadora do concurso de postais de Nadal-23.
A postal de esta precoz artista de 6 anos foi destacada entre as numerosas e ben bonitas postais recibidas. O xurado tívo moi difícil a elección final, xa que o nivel de todas as postais recibidas foi mo alto.
A postal foi utilizada para felicitar o Nadal ós usuarios e seguidores da Piscina Municipal.
Lara recolleu o agasallo do premio durante as vacacións.
Parabéns.
FESTA ACUÁTICA DE NADAL VENRES 22 DE DECEMBRO
A tarde do vindeiro venres 22 de decembro, a partir das 17.00 h todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.
O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:
– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nen@s
– Aboados
@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.
É preciso inscribirse na recepción.
As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.
Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023
A partir do luns 20 de novembro e ata o sábado 16 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.
A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.
HORARIO DE INVERNO
Ca entrada do mes de outubro, tamén entra en vigor o horario de inverno, que se extenderá ata todo o mes de xuño:
De luns a venres de 8.30 a 13.30 e de 16.30 a 22.30 h
Sábados de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h
Domingos de 9.30 a 13.30 h
Recordamos que os aboados das instalacións poden seguir utilizando as da Piscina Municipal do Souto de Padrón.
MATRÍCULA NOS CURSOS E ACTIVIDADES DA TEMPORADA 2023-24
O luns 21 de agosto ábrese o período de matrícula para os cursos e actividades da temporada 2023-24 que comenzará en setembro.
A oferta inclúe cursos e actividades para nenos e adultos.
Os cursos de Natación Escolar serán ofertados nos propios centros escolares unha vez comenzado o curso escolar e empezarán en outubro.
APERTURA PERÍODO INSCRIPCIÓN CURSOS VERÁN
O luns 12 de xuño ábrese o período de inscripción para os cursos e actividades dos meses de xullo, agosto e setembro de 2023.
Durante estes meses ofértanse novos cursos en diferentes días e horas, mesmo cursos infantÍs e para nen@s en horario de mañá.
A oferta inclúe cursos e actividades para nenos e adultos.
Calquera dúbida pode consultarse en recepción ou no tfno das instalacións.
CAMPIONATOS MASTER NA PISCINA DE CALDAS
A nosa piscina será a sede de dúas importantes citas deportivas que se celebrarán en datas vindeiras para a categoría Master de Salvamento Acuático.
– O sábado 25 de marzo: Campionato Galego. Esta competición disputarase só en xornada de tarde, polo que as instalacións abrirán con normalidade pola mañá.
– Venres 19 de maio: Campionato de España. Esta competición disputarase durante toda a xornada do venres.
Durante a celebración de ambas competicións, as instalacións non estarán disponibles para o uso por parte dos usuarios, pero as gradas permanecerán abertas ata completar aforo.