Durante a semana do 12 ó 17 de decembro os pais poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases dos nenos para poder coñecer as actividades que realizan nas clases e valorar as aprendizaxes realizadas.
Novas
EXERCICIOS HIPOPRESIVOS
Agora podes anotarte na actividade de Exercicios Hipopresivos.
Os Exercicios Hipopresivos inciden no traballo respiratorio e postural co que se activa a musculatura da contracción involuntaria da zona abdominal e do solo pélvico.
Son moi eficaces para previr diferentes tipos de patoloxías, mellorar a postura, evitar lesións lumbares, fortalecer a faixa abdominal , o solo pélvico e recuperarse despóis do embarazo.
Tamén son efectivos para previr hernias abdominales e discais, mellorar a capacidade respiratoria e reducir a cintura.
NOVA ACTIVIDADE EN SECO: ADESTRAMENTO FUNCIONAL
A partir do mes de novembro comenzará unha nova actividade no ximnasio: Adestramento funcional.
Esta actividade permitirache acadar unha gran forma física por medio de exercicios funcionais deseñados específicamente. Mellorarás a túa forza, flexibilidade, coordinación e as habilidades físicas xerais realizando exercicios unha gran variedade de exercicios motivadores
NOVA ACTIVIDADE NA PISCINA: ACUAXIM
No vindeiro mes de novembro comenzamos unha nova actividade na Piscina: Acuaxim
En esta actividade poderás realizar un completo e moi saudable exercicio de ximnasia no medio acuático ó ritmo da música. Esta completa actividade axudarache a manter a forma física traballando a condición física e a coordinación xeral.
Deporte, ocio e benestar para toda a familia
En Caldas de Reis para toda a comarca do Salnes.
Equipado para cubrir todas as necesidades
Ponte en forma, esfórzate, síntete ben.
Reláxate, goza, déixate levar e vive o momento
O merecido descanso despois dunha longa xornada.
Cursos para nenos xullo-agosto polas mañás
Nos meses de xullo e agosto o horario dos cursos para nenos será polas mañás:
- Primeira quenda: 11.00 h.
- Segunda quenda: 11.45 h.
Podes preguntar en recepción por outros horarios.
Apertura da sala de actividades ampliada
Dende hoxe luns xa está dispoñible a nova sala de actividades. Con esta ampliación dispoñeremos de un espazo máis cómodo para o traballo individual e de máis prazas nas clases colectivas.
Obras na sala actividades
O xoves 19 de xuño reanudaranse as obras na sala de actividades, co cal suspenderanse as clases de Pilates.
Contamos que rematen en unha semana, trala cal poderemos desfrutar de unha sala máis ampla.
