PREZOS PÚBLICOS
Normativa de tarifas:
Publicada no BOP nº: 236 do 10 de decembro de 2013.
TARIFAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PISCINA E XIMNASIO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS
Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 236 Martes 10 de decembro de 2013 Páx. 14
ANUNCIO
Por acordo plenario de data 1/10/2013, aprobouse provisionalmente a modificación do anexo de tarifas da “Ordenanza fiscal reguladora da Taxa por prestación de servizo de casas de baños, duchas, piscina, instalacións e outros servizos análogos” no que respecta a actividade de piscina e ximnasio, acordándose a apertura dun período de exposición pública por prazo de trinta días. De conformidade co disposto nos apartados 3 e 4 do artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais, unha vez transcorrido o período de exposición pública sen que se presentasen alegacións, enténdese definitivamente aprobado o acordo adoptado, procedéndose á publicación do texto da modificación aprobada, de acordo co seguinte:
TARIFAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PISCINA E XIMNASIO MUNICIPAL
| SERVIZOS | IMPORTE |
|---|---|
| ABONOS DE TEMPORADA | |
| Abonados individuais | 25,40 € |
| Abonados familiares | 35,60 € |
| Abonados reducido | 19,30 € |
| Abonados mañá | 19,30 € |
| Matriculas abonados | 25,40 € |
| Cambio de modalidade | 3,10 € |
| ENTRADAS | |
| Entrada piscina adulto | 3,90 € |
| Entrada piscina infantil | 2,80 € |
| Entrada ximnasio | 3,90 € |
| Entrada completa (piscina+xim+spa) | 5,10 € |
| CURSOS PARA ABONADOS | |
| Curso abonados 1 día | 2,50 € |
| Curso abonados 2 días | 5,10 € |
| Curso abonados 3 días | 8,10 € |
| CURSOS | |
| Matrículas cursos | 15,30 € |
| Cursos adultos - 1 dia | 16,30 € |
| Cursos adultos - 2 dias | 26,40 € |
| Cursos adultos - 3 dias | 34,60 € |
| Cursos infantil - 1 dia | 16,30 € |
| Cursos infantil - 2 dias | 26,40 € |
| Cursos infantil - 3 dias | 34,60 € |
| Cursos nenos - 1 dia | 13,20 € |
| Cursos nenos - 2 dias | 20,30 € |
| Cursos nenos - 3 dias | 26,40 € |
| Curso colexios infantil | 11,20 € |
| Curso colexios primaria | 9,20 € |
| Escola actividades acuáticas | 6,10 € |
| Aluguer pista/hora | 24,50 € |
