Piscina, Spa e Ximnasio municipais en Caldas de Reis
Antía García Silva

Novas

  1. CONCURSO DE POSTAIS NADAL-2025 (21-11-2025) - A partir do luns 24 de novembro e ata o sábado 13 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal. A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá […]
  2. PECHES POR COMPETICIÓN (10-11-2025) - Durante a presente temporada 2.025-26 as instalacións permanecerán pechadas ó público para disputarse diversas competicións de Salvamento Acuático organizadas polo C. A. Umia: SÁBADO 29 DE NOVEMBRO: POLA TARDE (Xornada de Liga) DOMINGO 30 DE NOVEMBRO: POLA MAÑÁ (Xornada de Liga) SÁBADO 3 DE XANEIRO: TODO O DÍA (Trofeo CALDAS VILA TERMAL) Durante as competicións, […]
  3. ACTIVIDADE DE ZUMBA (22-9-2025) - No mes de outubro comenzamos unha nova actividade: Zumba Unha actividade para moverte, divertirte e poñerte en forma. Deseñada para que desfrutes mientras adestras, mellores a resistencia cardiovascular, a coordinación e tonifiques todo o corpo en un ambiente motivador ó ritmo da música. Os martes ás 19 horas Infórmate na recepción    

Actividades

Acuaxim

Ximnasia na áuga ó ritmo da música. Mellora a túa condición física e a túa coordinación. Exercicio físico divertido, motivante e sen impacto. Axeitado para protexer as túas articulacións.

Adestramento funcional

Unha variada combinación de adestramento en suspensión, forza, flexibilidade e coordinación. Acada unha boa forma física con exercicios funcionais.

Triatlón

O deporte máis completo. Para nenas e nenos a partir de 11 anos. Actividade que combina a natación, a carreira e a ciclismo. Aprendizaxe técnica realizada de forma segura.

Running

Correr complementará a túa condición física e mellorarás a eficiencia cardiovascular. Se queres motivarte correndo en grupo con outros usuarios, podes inscribirte en recepción. A actividade é gratuita.

Pilates

Traballa a túa musculatura para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral. Un método moi eficaz para recuperar a sintonía co teu corpo.

Ximnasia Hipopresiva

Unha nova actividade para sentirte mellor. Beneficios: Fortalecemento do solo pélvico, Prevención da incontinencia urinaria, Reducción do perímetro abdominal...

Natación para bebés

Actividade conxunta da nai/pai co seu bebé orientada polo monitor. Estimulación precoz do teu bebé no medio acuático. Desfruta da auga ca túa filla ou o teu fillo.

Natación sincronizada

Iniciación e tecnificación e un deporte acuático que combina a natación a danza e a expresión corporal. Para nenas e nenos

icono-aleta Descobre todas as nosas actividades acuáticas e actividades en seco

PUBLICIDADE: En cumprimento do previsto no artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI), solicitamos o seu consentimento para a subscrición e envío da nosa newsletter.

Fins e lexitimación do tratamento: envío de comunicacións de produtos ou servizos a través do Boletín de Noticias ao que se subscribiu (co consentimento do interesado, art. 6.1.a GDPR).
Criterios de conservación dos datos: non se conservarán durante máis tempo do necesario para manter o fin do tratamento ou mentres existan prescricións legais que ditaminen a súa custodia e cando xa non sexa necesario para iso, suprimiranse con medidas de seguridade axeitadas para garantir a anonimización dos datos ou a destrución total destes.
Comunicación dos datos: non se comunicarán os datos a terceiros, agás obriga legal.
Dereitos que asisten ao Interesado:

  • Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
  • Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos, e de limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Piscina

Pulsa aquí para coñecer as características da piscina, as normas básicas de comportamento e tódalas actividades que podes realizar.

Ler máis

Ximnasio

Programas de adestramento, mellora da condición física, máquinas de musculación, pilates, circuitos...

Ler máis

Spa

Sauna, baño de vapor, ducha de contraste a baixa temperatura, bañeira de hidromasaxe, prediluvio...

Ler máis