CARACTERÍSTICAS
- - Vaso polivalente con 6 pistas de 25 m. de longo e 2 m. de ancho.
- - Dimensións: 25 x 12,5 m. homologado para as competición de natación e salvamento acuático.
- - Profundidades:
- Mínima 1,45 m.
- Máxima: 2,20 m.
ACTIVIDADES NA PISCINA
- - Cursos para bebés (Act. Acuáticas para bebés) (de 6 a 24 meses).
- - Cursos de natación infantís (3 a 6 anos).
- - Cursos de natación para nenos (7 a 14 anos).
- - Cursos de natación para adultos (a partir de 15 anos).
- - Natación terapéutica.
- - Acuaxim.
- - Natación Sincronizada.
- - Triatlón.
- - Natación Escolar (Programa municipal de actividade acuática escolar).
- - Multinatación (iniciación á natación, salvamento acuático, waterpolo e natación sincronizada).
- - Nado libre.
- - Adestramento clubs.
- - Competicións deportivas oficiais.
NORMAS DA PISCINA
- 1. - Está prohibido o acceso á zona de baño con roupa ou calzado de rúa.
- 2. - É obriqatorio o uso de gorro de baño e chanclas limpas sen excepción. Recoméndase o uso de gafas de natación e albornoz ou toalla.
- 3.- É obrigatorio ducharse antes de entrar no vaso.
- 4.- Está prohibido cuspir ou mexar no vaso, así como masticar chicle.
- 5.- Non se permite a utilización de material como colchonetas, flotadores, aletas, gafas de cristal, etc. sen a autorización expresa do persoal da instalación.
- 6.- Evitaranse os obxectos coma cadeas, reloxos, pendentes ou calquera outros que poidan provocar accidentes na auga.
- 7.- Está prohibido saltar á auqa de calquera xeito, a excepción dos grupos de aprendizaxe por indicacións do profesor.
- 8.- Está prohibido sentar nas corticeiras, dar caladas ou realizar calquera outra actividade perigosa.
- 9.- Está prohibido correr polos vestiarios e a praia.
- 10. - Os menores de 12 anos deberán estar acompañados de un tutor ou persoa responsable cando vaian a nadar por libre.
- 11. - Os bañistas deberán utilizar a pista asignada, nadar sempre pola parte dereita da pista e tratarán de non estorbar ós demáis usuarios.