FESTA ACUÁTICA DE NADAL

FESTA ACUÁTICA DE NADAL

A tarde do vindeiro sábado 28 de decembro, todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL -2019

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL -2019

A partir do luns 25 de novembro e ata o sábado 14 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.

BASES CONCURSO POSTAIS PISCINA CALDAS-19

PECHES COMPETICIÓN

PECHES COMPETICIÓN

Durante a temporada 2019-20 as instalacións estarán pechadas para os usuarios os seguintes días por Competición:

  • DOMINGO 17 – NOVEMBRO 2019: 2ª Xornada Liga Galega
  • SÁBADO E DOMINGO 18-19 XANEIRO 2020: Cpto. Galego ALEV-INF-CAD.

Ambas competicións están organizadas polo CLUB ACUÁTICO UMIA.

As gradas estarán abertas e a entrada será libre para asistir ás competicións.

 

COMENZO DA TEMPORADA 2019-20

COMENZO DA TEMPORADA 2019-20

No mes de outubro comenza a nova temporada 2019-20 e o horario de inverno.

Tamén comenzan os novos horarios das actividades en auga:

– Campaña de Actividade acuática Escolar
– Cursos de natación infantil, nenos e adultos.
– Actividades para bebés
– Actividade acuática terapéutica.

E as actividades dirixidas en seco:

– Pilates
– Hipopresivos
– Funcional

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

Durante a semana do 10 ó 15 de xuño as nais e pais poderán acceder ás gradas durante o horario dos cursos de nenos.

Durante esa semana, os cursos terán o seguinte horario aproximado:

– 10 minutos iniciais de clase
– Apertura de gradas (15 minutos aproximadamente)
– Ducha e mudarse
– Entrega de diplomas

As clases dos grupos de Natación Escolar continuarán unha semana máis (acabarán a semana do 17 ó 21 de xuño)
O resto dos cursos continuarán con normalidade ata fin de mes e poderán renovarse nos meses de xullo e agosto.

VACACIÓNS DE PASCUA-2019

VACACIÓNS DE PASCUA-2019

Durante a semana do 8 o 13 de abril as nais e pais d@s alumn@s poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

Xa que a presenza dos pais soe alterar o desenvolvimento dos cursos, o resto do tempo das clases realizarase con normalidade.

As instalación permanecerán pechadas con motivo das festas de Pascua dende o xoves 18 ó domingo 21 (incluídos)

INTERCAMBIO CA PISCINA DE PADRÓN

INTERCAMBIO CA PISCINA DE PADRÓN

Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2.019, os aboados das instalacións poderán acceder libremente ás instalacións da Piscina e Ximnasio Municipais de Padrón.
O acceso poderá facerse en todo o horario de apertura, e para elo só será necesario amosar o carné vixente que nos identifique como aboados das instalacións de Caldas.
O horario das intalacións de Padrón é o seguiste:
– De luns a venres: de 8.00 a 13.00 e de 16.45 a 22.45 h
– Sábados: de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h