NOVAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS EN SECO

A partir do 7 de xaneiro temos unha nova oferta de actividades dirixidas en seco:

  • CORE – Tonificación abdominal: Para mellorar o equilibrio da pelve e fortalecer a musculatura abdominal con exercicios saudables, pero moi eficaces.
  • ADESTRAMENTO FUNCIONAL: Adestramento dirixido para manter o equilibrio muscular e postural e mellorar a túa condición física xeral.
  • C.A.I. Circuitos de alta intensidade: Actividades de corta duración e alto impacto para conseguir unha boa condición física cando dispós de pouco tempo.

As tres actividades conxuntas teñen unha tarifa plana de 2,5 € ó mes para os aboados.

Infórmate e inscríbete na recepción.