Ante a situación de propagación do Coronavirus Covid-19, debemos seguir as recomendaciones do Ministerio e a Consellería de Sanidade.
A Información baseada na evidencia científica que transmiten é a seguinte:
– O CORONAVIRUS COVID-19 TRANSMÍTESE POR CONTACTO ESTREITO CAS SECRECIÓNS RESPIRATORIAS QUE SE XERAN CA TOS OU O ESBIRRO DE UNHA PERSOA CONTAXIADA
– ESTAS SECRECIÓNS PODERÍAN INFECTAR A OUTRA PERSOA SE ENTRASEN EN CONTACTO CO SEU NARIZ, OLLOS OU BOCA
– É POUCO PROBABLE A TRANSMISIÓN POLO AIRE A DISTANCIAS DE MÁIS DE 1 OU 2 METROS
– OS SÍNTOMAS MÁIS COMÚNS SON: FEBRE, TOS E SENSACIÓN DE FALTA DE AIRE
– O 80% DOS CASOS PRESENTAN SÍNTOMAS LEVES
Xa que nas instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, en certos momentos podemos coincidir con outros grupos de persoas persoas, debemos seguir as seguintes recomendaciones:
– LAVAR AS MANS FRECUENTEMENTE CON AUGA E XABÓN ANTES E DESPÓIS DAS ACTIVIDADES
– TOSER OU ESBIRRAR TAPANDO A BOCA CON UN PANO OU O CÓBADO
– EVITA TOCAR OS OLLOS, NARIZ E BOCA, XA QUE AS MANS FACILITAN A TRANSMISIÓN
– EVITAR O CONTACTO FÍSICO (DAR A MAN…)
– TRATAR DE MANTER UNHA DISTANCIA DE 1 M CON OUTRAS PERSOAS
– NO XIMNASIO UTILIZAR A TOALLA INDIVIDUAL E MANTER SEMPRE O CONTACTO CON ELA
– AS PERSOAS CON SÍNTOMAS DE RESFRIADO, GRIPE, TOS, FEBRE OU PROBLEMAS RESPIRATORIOS DEBEN EVITAR ACUDIR ÁS INSTALACIÓNS ATA QUE REMITAN OS SÍNTOMAS
Recorda:
– A SUDOR NON TRANSMITE O VIRUS
– FACER EXERCICIO MODERADO E MANTERSE EN FORMA AXUDA A MANTER MÁIS ALTAS AS DEFENSAS
– NON SE RECOMENDA FACER EXERCICIO MOI INTENSO PORQUE PODERÍA REDUCIR AS DEFENSAS