NOVO NOME DAS INSTALACIÓNS

Estamos encantados de comunicarnos que dende o domingo 16 de decembro as instalacións pasan a chamarse oficialmente PISCINA, SPA E XIMNASIO MUNICIPAIS ANTÍA GARCÍA SILVA.
A confirmación da nova denominación tivo lugar este domingo en un emotivo acto no que estivo presente Antía García (recién chegada do Campionato do mundo de Australia), os seus pais e irmá, a súa familia, o Alcalde do Concello Juan Manuel Rey xunto cos concelleiros e toda a corporación municipal, e a compañía de moitos cidadans caldenses, deportistas, e amigos.
No acto descubriuse unha placa no exterior das instalacións e un mural co novo logo das instalacións e outro con imaxes de Antía en diversas competicións.
A decisión do Concello de Caldas de adicar as instalacións acuáticas municipais a Antía, tivo unha excelente acollida e unha gran repercusión entre os usuarios, cidadáns, e entidades locais e nacionais.