Recientemente tivemos a oportunidade de entregar o premio como gañadora do Concurso de postais de Nadal-22 a Jimena Oubiña Ferreiro.
A postal realizada por Jimena foi utilizada para felicitar as festas ós usuarios e amigos das instalacións por diferentes medios.
Parabéns Jimena !
Autor: Administrador
FESTA ACUÁTICA DE FIN DE ANO VENRES 30 DE DECEMBRO
A tarde do vindeiro venres 30 de decembro, dende as 17 h. todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que despediremos o ano.
O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:
– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados
@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.
É preciso inscribirse na recepción.
As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.
Durante a festa, a piscina non estará habilitada para o nado libre.
CONCURSO POSTAIS NADAL 2022
A partir do luns 21 de novembro e ata o sábado 17 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.
A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.
Consulta as bases do concurso e anímate a participar.
DOMINGO 20 DE NOVEMBRO PECHADO POR COMPETICIÓN
O vindeiro domingo 20 de novembro, as instalacións (Piscina, Spa e Ximnasio) permanecerán pechadas por disputarse a 2ª Xornada da Liga Galega de Salvamento Acuático 22-23 para categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil, organizada polo Club Acuático Umia, que se disputará durante todo o día (mañá e a tarde).
O acceso ás gradas será libre. Unha boa opción para desfrutar do nivel competitivo dos deportistas participantes e apoiar ós socorristas de Caldas e a súa comarca.
HORARIO DE INVERNO TEMPORADA 22-23
O vindeiro 1 de outubro dará comenzo a temporada 2022-23 e con ela as actividades que se realizan durante o curso: Natación Escolar e Actividade acuática terapéutica para usuarios do Fogar do maior.
Tamén o horario de inverno:
De luns a venres: de 8.30 a 13.30 e de 16.30 a 22.30 h
Sábados: de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h
Domingos: de 9.30 a 13.30 h
Festivos: pechado
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN TEMPORADA 22-23
O luns 22 de agosto ábrese o período de matrícula para os cursos e actividades da temporada 2022-23 que comenzará en setembro.
A oferta inclúe cursos e actividades para menos e adultos.
Os cursos de Natación Escolar serán ofertados nos propios centros escolares una vez comenzadas o curso escolar e empezarán en outubro.
PECHE TÉCNICO
As instalacións permanecerán pechadas a semana do 15 ó 21 de agosto (inclusive) para a realización obras e outras tarefas de mantemento.
REAPERTURA DO SPA
O vindeiro luns 2 de maio abriranse de novo as instalacións do Spa.
Despois do paréntese obrigado polas restriccións do Covid, os usuarios poderán desfrutar de novo dos elementos do Spa:
O PEDILUVIO conta con Auga fría pulverizada á altura dos pes para estimular a circuilación.
A BAÑEIRA DE HIDROMASAXE con auga en torno a 32 ºC e chorros para favorecer a relaxación.
A SAUNA SECA Con temperatura en torno a 80 ºC e baixa humidade para aliviar problemas articulares.
O BAÑO DE VAPOR con temperatura en torno a 45 ºC e saturación de humidade, para aliviar problemas respiratorios e da pel.
Estas instalacións seguirán sen ter coste suplementario e seguirán estando incluídas dentro do importe dos abonos ou as entradas.
ÉXITO ORGANIZATIVO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA
O pasado fin de semana disputouse na Piscina Municipal de Caldas o Campionato de España XXXVI Campionato de España para categorías Infantil e Cadete.
O evento contou ca presenza de 321 deportistas de 42 clubs de toda España, xunto cos máis de 100 técnicos, adestradores e delegados.
O Campionato estivo organizado polo Club Acuático Umia e patrocinado polo Concello de Caldas de Reis.
A competición tipo como vencedores ós equipos SOS Bétera de Valencia e Alcarreño de Guadalajara.
A mellor deportista galega foi a caldense Lidia Aboy, que acadou uns excelentes cuarto posto en SuperSos e un quinto posto en 100 Rescate, ademáis de rebaixar o seu actual récord galego na proba de 200 SuperSos.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SALVAMENTO
Os vindeiros sábado 23 e domingo 24 de abril desputarase nas instalacións da Piscina municipal o Campionato de España de Salvamento Acuático para categorías infantil e cadete.
En este campionato participarán 330 deportistas de ambas categorías, que estarán acompañados de adestradores, corpo técnico e directivos.
Para aloxar a todos os participantes, ademáis da piscina, tamén se contará co pavillón polideportivo.
Este acontecimiento está a ser un reto organizativo para o Club Umia, anfitrión do campionato, que conta ca colaboración do Concello de Caldas de Reis.
As instalacións estarán pechadas ó público eses dous días.
Desgraciadamente, non será posible asistir á competición en directo na mesma piscina, pero será restransmitida en aberto e poderá ser seguida a través das redes sociais do club Umia.