O vindeiro domingo 28 de outubro, as instalacións (Piscina, Spa e Ximnasio) permanecerán pechadas por disputarse a 1ª Xornada da Liga Galega de Salvamento Acuático 18-19, organizada polo Club Acuático Umia, que se disputará durante todo o día (mañá e a tarde).
O acceso ás gradas será libre. Unha boa opción para desfrutar do nivel competitivo dos deportistas participantes e apoiar ós socorristas de Caldas e a súa comarca.