Novas

FESTA ACUÁTICA DE FIN DE ANO VENRES 30 DE DECEMBRO

A tarde do vindeiro venres 30 de decembro, dende as 17 h. todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que despediremos o ano.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.

Durante a festa, a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2022

A partir do luns 21 de novembro e ata o sábado 17 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.

BASES CONCURSO POSTAIS NADAL PISCINA CALDAS-22

DOMINGO 20 DE NOVEMBRO PECHADO POR COMPETICIÓN

O vindeiro domingo 20 de novembro, as instalacións (Piscina, Spa e Ximnasio) permanecerán pechadas por disputarse a 2ª Xornada da Liga Galega de Salvamento Acuático 22-23 para categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil, organizada polo Club Acuático Umia, que se disputará durante todo o día (mañá e a tarde).

O acceso ás gradas será libre. Unha boa opción para desfrutar do nivel competitivo dos deportistas participantes e apoiar ós socorristas de Caldas e a súa comarca.

HORARIO DE INVERNO TEMPORADA 22-23

O vindeiro 1 de outubro dará comenzo a temporada 2022-23 e con ela as actividades que se realizan durante o curso: Natación Escolar e Actividade acuática terapéutica para usuarios do Fogar do maior.

Tamén o horario de inverno:

De luns a venres: de 8.30 a 13.30 e de 16.30 a 22.30 h

Sábados: de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h

Domingos: de 9.30 a 13.30 h

Festivos: pechado

REAPERTURA DO SPA

O vindeiro luns 2 de maio abriranse de novo as instalacións do Spa.

Despois do paréntese obrigado polas restriccións do Covid, os usuarios poderán desfrutar de novo dos elementos do Spa:

O PEDILUVIO conta con Auga fría pulverizada á altura dos pes para estimular a circuilación.

A BAÑEIRA DE HIDROMASAXE con auga en torno a 32 ºC e chorros para favorecer a relaxación.

A SAUNA SECA Con temperatura en torno a 80 ºC e baixa humidade para aliviar problemas articulares.

O BAÑO DE VAPOR con temperatura en torno a 45 ºC e saturación de humidade, para aliviar problemas respiratorios e da pel.

Estas instalacións seguirán sen ter coste suplementario e seguirán estando incluídas dentro do importe dos abonos ou as entradas.

 

ÉXITO ORGANIZATIVO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O pasado fin de semana disputouse na Piscina Municipal de Caldas o Campionato de España XXXVI Campionato de España para categorías Infantil e Cadete.

O evento contou ca presenza de 321 deportistas de 42 clubs de toda España, xunto cos máis de 100 técnicos, adestradores e delegados.

O Campionato estivo organizado polo Club Acuático Umia e patrocinado polo Concello de Caldas de Reis.

A competición tipo como vencedores ós equipos SOS Bétera de Valencia e Alcarreño de Guadalajara.

A mellor deportista galega foi a caldense Lidia Aboy, que acadou uns excelentes cuarto posto en SuperSos e un quinto posto en 100 Rescate,  ademáis de rebaixar o seu actual récord galego na proba de 200 SuperSos.

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SALVAMENTO

Os vindeiros sábado 23 e domingo 24 de abril desputarase nas instalacións da Piscina municipal o Campionato de España de Salvamento Acuático para categorías infantil e cadete.

En este campionato participarán 330 deportistas de ambas categorías, que estarán acompañados de adestradores, corpo técnico e directivos.

Para aloxar a todos os participantes, ademáis da piscina, tamén se contará co pavillón polideportivo.

Este acontecimiento está a ser un reto organizativo para o Club Umia, anfitrión do campionato, que conta ca colaboración do Concello de Caldas de Reis.

As instalacións estarán pechadas ó público eses dous días.

Desgraciadamente, non será posible asistir á competición en  directo na mesma piscina, pero será restransmitida en aberto e poderá ser seguida a través das redes sociais do club Umia.

PASAPORTE COVID PARA ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS

Según a orde do 14 de decembro de 2021 (Doga 241, venres 17-12-21) polo que se establecen medidas consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para acceso a determinados establecementos.

As persoas maiores de 12 anos para acceder ás instalacións, deberán dispoñer de un certificado emitido polo servizo público de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado que acredite calquera das seguintes circunstacias:

– Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a covid

– Que dispoñen de unha proba diagnóstiva negativa  (PCR validez de 72 horas – test de antíxenos validez 48 horas)

– Que o titular se recuperou dunha infeccion sars-cov-2 nos últimos 6 meses

Esta presentación deberá realizarse cada vez que se accede ás instalacións, xa que non se conservará ningún rexistro persoal.