EXERCICIOS HIPOPRESIVOS

EXERCICIOS HIPOPRESIVOS

Agora podes anotarte na actividade de Exercicios Hipopresivos.

Os Exercicios Hipopresivos inciden no traballo respiratorio e postural co que se activa a musculatura da contracción involuntaria da zona abdominal e do solo pélvico.

Son moi eficaces para previr diferentes tipos de patoloxías, mellorar a postura, evitar lesións lumbares, fortalecer a faixa abdominal , o solo pélvico e recuperarse despóis do embarazo.

Tamén son efectivos para previr hernias abdominales e discais, mellorar a capacidade respiratoria e reducir a cintura.

 

NOVA ACTIVIDADE EN SECO: ADESTRAMENTO FUNCIONAL

NOVA ACTIVIDADE EN SECO: ADESTRAMENTO FUNCIONAL

A partir do mes de novembro comenzará unha nova actividade no ximnasio: Adestramento funcional.

Esta actividade permitirache acadar unha gran forma física por medio de exercicios funcionais deseñados específicamente. Mellorarás a túa forza, flexibilidade, coordinación e as habilidades físicas xerais realizando exercicios unha gran variedade de exercicios motivadores

 

NOVA ACTIVIDADE NA PISCINA: ACUAXIM

NOVA ACTIVIDADE NA PISCINA: ACUAXIM

No vindeiro mes de novembro comenzamos unha nova actividade na Piscina: Acuaxim

En esta actividade poderás realizar un completo e moi saudable exercicio de ximnasia no medio acuático ó ritmo da música. Esta completa actividade axudarache a manter a forma física traballando a condición física e a coordinación xeral.

 

Vacacións Nadal

Vacacións Nadal

As instalacións permanecerán pechadas nos seguintes periodos:

  • – Dende o xoves 24 de decembro ó medio día ata o domingo 27 incluido (Nadal)
  • – O xoves 31 pola tarde e o luns 1 de xaneiro todo o día (Fin de ano e aninovo)
  • – O martes 5 de xaneiro pola tarde e o mércores 6 todo o día (Reis)