A madrugada do 23 de novembro, Antía García Silva proclamouse Campiona do Mundo na proba 100 m. Rescate con Aletas na categoría absoluta.
O título, acadado en unha disputadísima final, está realzado polo altísimo nivel deportivo e de participación que se deu cita en estes campionatos do mundo celebrados en Australia.
Esta nova encheu de ledicia a todos os usuarios das instalacións que compartimos con ela os espazos da piscina ou o ximnasio, vémola adestrar diariamente e de un algún xeito, sentimos moi próximos os seu trunfos.
NORABOA ANTÍA !!! Estamos moi felices e orgullosos co teu novo triunfo.