Prezos

PREZOS PÚBLICOS

Normativa de tarifas:
Publicada no BOP nº: 236 do 10 de decembro de 2013.

TARIFAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PISCINA E XIMNASIO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS

Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 236 Martes 10 de decembro de 2013 Páx. 14

ANUNCIO

Por acordo plenario de data 1/10/2013, aprobouse provisionalmente a modificación do anexo de tarifas da “Ordenanza fiscal reguladora da Taxa por prestación de servizo de casas de baños, duchas, piscina, instalacións e outros servizos análogos” no que respecta a actividade de piscina e ximnasio, acordándose a apertura dun período de exposición pública por prazo de trinta días. De conformidade co disposto nos apartados 3 e 4 do artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais, unha vez transcorrido o período de exposición pública sen que se presentasen alegacións, enténdese definitivamente aprobado o acordo adoptado, procedéndose á publicación do texto da modificación aprobada, de acordo co seguinte:
TARIFAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PISCINA E XIMNASIO MUNICIPAL

Consulta aquí as regras de aplicación do cadro de tarifas.

SERVIZOS IMPORTE
ABONOS DE TEMPORADA
Abonados individuais 25,40 €
Abonados familiares 35,60 €
Abonados reducido 19,30 €
Abonados mañá 19,30 €
Matriculas abonados 25,40 €
Cambio de modalidade 3,10 €
ENTRADAS
Entrada piscina adulto 3,90 €
Entrada piscina infantil 2,80 €
Entrada ximnasio 3,90 €
Entrada completa (piscina+xim+spa) 5,10 €
CURSOS PARA ABONADOS
Curso abonados 1 día 2,50 €
Curso abonados 2 días 5,10 €
Curso abonados 3 días 8,10 €
CURSOS
Matrículas cursos 15,30 €
Cursos adultos - 1 dia 16,30 €
Cursos adultos - 2 dias 26,40 €
Cursos adultos - 3 dias 34,60 €
Cursos infantil - 1 dia 16,30 €
Cursos infantil - 2 dias 26,40 €
Cursos infantil - 3 dias 34,60 €
Cursos nenos - 1 dia 13,20 €
Cursos nenos - 2 dias 20,30 €
Cursos nenos - 3 dias 26,40 €
Curso colexios infantil 11,20 €
Curso colexios primaria 9,20 €
Escola actividades acuáticas 6,10 €
Aluguer pista/hora 24,50 €