VENRES 12 DE XUÑO: REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

Comprácenos comunicarche que reabriremos as instalacións o vindeiro venres 12 de xuño no horario habitual.

As condicións da apertura están reguladas polo marco normativo da Fase-3 do proceso de desescalada.

Os usuarios e público en xeral poderán desfrutar da piscina e o ximnasio para utilización por libre. Tamén se retomarán os cursos de Pilates que se realizarán en un espazo moito máis amplo. O resto dos cursos recuperaranse próximamente, en canto a situación o permita.

Os usuarios poderán contar con todas as medidas de seguridade e hixiene recollidas nos protoclolos correspondentes. Tamén se reforzarán as frecuencias de limpeza de todos os espazos das instalacións.

O aforo limtarase ó 12 % da capacidade (unha reducción maior da que indica a normativa da desescalada, que a fixa en un 30 %) para dispoñer de un espazo moito máis amplo e seguro para cada usuario

Para maior comodidade, establecerase un sistema mixto de acceso, con e sen reserva:

A reserva non será obrigatoria, aínda que se recomenda para as persosas que desexen asegurar unha hora determinada. Os usuarios que non reserven, poderán acudir á piscina ou o ximnasio en calquera momento dentro do horario habitual, sempre que haia prazas. Para reservar deberase chamar ó número de teléfono das instalacións (986 54 08 31). Poderase reservar dende o xoves 11.

Os usuarios deberán levar a mascariña individual que se deberá manter na recepción e nas zonas comúns, e que se quitará para facer a actividade física na piscina ou no ximnasio. Deberán manter a distancia interpersoal, dispoñendo de espazo suficiente e referencias espaciais.

Durante o mes de xuño, compensaranse os días non desfrutados no mes de marzo, co cal non se xirarán recibos ós aboados.

Os cursillistas das outras modalidades poderán compensar os días non desfrutados cando se reanuden os cursos, pero os que o desexen, poderán solicitar a devolución da parte proporcional que tiveran pagada.

Esperando vervos pronto de volta, recibe un cordial saúdo.