PROCESO DE VOLTA Á NORMALIDADE

Estimado usuario:

Ante todo desexamos que tanto ti como a túa familia vos atopedes ben de saúde e estedes a soportar esta situación o mellor posible.

Como xa conoces, o Goberno deseñou un proceso de desescalada. En esta ruta de normalización, as actividades nos ximnasios comenzarían na Fase 3, que se desenvolverá no mes de xuño, pero non especificou as circunstancias das piscinas.

Por iso, aínda non podemos concretar as datas exactas de apertura. No momento no que teñamos a autorización e unha data concreta, anunciarémolo oportunamente. Polo momento, estamos a traballar para manter as instalacións no mellor estado para a volta, e para que esta se faga cumprindo todas as esixencias de seguridade e hixiene.

Recordámosche que non se cargará ningún recibo ata a reapertura, e que se descontará o periodo que non se puido desfrutar no mes de marzo.

Esperando vernos de novo canto antes, recibe un agarimoso saúdo do equipo de traballadores da Piscina e Ximnasio Municipais.