Piscina

CARACTERÍSTICAS

  • - Vaso polivalente con 6 pistas de 25 m. de longo e 2 m. de ancho.
  • - Dimensións: 25 x 12,5 m. homologado para as competición de natación e salvamento acuático.
  • - Profundidades:
    • Mínima 1,45 m.
    • Máxima: 2,20 m.

ACTIVIDADES NA PISCINA

  • - Cursos de natación infantís (3 a 6 anos).
  • - Cursos de natación para nenos (7 a 14 anos).
  • - Cursos de natación para adultos (a partir de 15 anos).
  • - Natación terapéutica.
  • - Acuaxim.
  • - Natación Escolar (Programa municipal de actividade acuática escolar).
  • - Escola Deportiva (iniciación á natación, salvamento acuático, waterpolo e natación sincronizada).
  • - Nado libre.
  • - Adestramento clubs.
  • - Competicións deportivas oficiais.

NORMAS DA PISCINA

  • 1. - Está prohibido o acceso á zona de baño con roupa ou calzado de rúa.
  • 2. - É obriqatorío o uso de gorro de baño e chanclas limpas sen excepción. Recoméndase o uso de gafas de natación e albornoz ou toalla.
  • 3.- É obrigatorio ducharse antes de entrar no vaso.
  • 4.- Está prohibido cuspir ou mexar no vaso, así como masticar chicle.
  • 5.- Non se permite a utilización de material como colchonetas, flotadores, aletas, gafas de cristal, etc. sen a autorización expresa do persoal da instalación.
  • 6.- Evitaránse os obxectos coma cadeas, reloxos, pendentes ou calquera outros que poidan provocar accidentes na auga.
  • 7.- Está prohibido saltar á auqa de calquera xeito, a excepción dos grupos de aprendizaxe por indicacións do profesor.
  • 8.- Está prohibido sentarse nas corticeiras, dar caladas ou realizar calquera outra actividade perigosa.
  • 9.- Está prohibido correr polos vestiarios e a praia.
  • 10. - Os menores de 12 anos deberán estar acompañados de un tutor ou persoa responsable cando vaian a nadar por libre.
  • 11. - Os bañistas deberán utilizar a pista asignada, nadar sempre pola parte dereita da pista e tratarán de non estorbar ós demáis usuarios.

Pulsa sobre a imaxe para ver máis fotografías.