PROCESO DE VOLTA Á NORMALIDADE

PROCESO DE VOLTA Á NORMALIDADE

Estimado usuario:

Ante todo desexamos que tanto ti como a túa familia vos atopedes ben de saúde e estedes a soportar esta situación o mellor posible.

Como xa conoces, o Goberno deseñou un proceso de desescalada. En esta ruta de normalización, as actividades nos ximnasios comenzarían na Fase 3, que se desenvolverá no mes de xuño, pero non especificou as circunstancias das piscinas.

Por iso, aínda non podemos concretar as datas exactas de apertura. No momento no que teñamos a autorización e unha data concreta, anunciarémolo oportunamente. Polo momento, estamos a traballar para manter as instalacións no mellor estado para a volta, e para que esta se faga cumprindo todas as esixencias de seguridade e hixiene.

Recordámosche que non se cargará ningún recibo ata a reapertura, e que se descontará o periodo que non se puido desfrutar no mes de marzo.

Esperando vernos de novo canto antes, recibe un agarimoso saúdo do equipo de traballadores da Piscina e Ximnasio Municipais.

CONXELACIÓN DAS COTAS

CONXELACIÓN DAS COTAS

Informamos a todos os usuarios das Instalacións da Piscina, Spa e  Ximnasio Municipais, que durante o peche, e ata que se retome a actividade, todas as cuotas quedarán conxeladas e todas as prazas manterán a reserva de xeito automático.

Por tanto non será preciso devolver recibos (xa que non se pasarán) nin adiantar os importes das reservas de praza.

Mentres as instalacións non funcionen de novo a pleno rendemento, non se cobrará ningún tipo de cuota.

Aproveitamos para desexarvos todo o mellor en este momentos tan difíciles.

Non esquezades a importancia de tratar de facer a actividade física que as nosas circunstancias nos permitan.

Recibide un cordial saúdo de todos os traballadores das instalacións.

RECOMENDACIÓNS PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO COVID-19

RECOMENDACIÓNS PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO COVID-19

Ante a situación de propagación do Coronavirus Covid-19, debemos seguir as recomendaciones do Ministerio e a Consellería de Sanidade.

A Información baseada na evidencia científica que transmiten é a seguinte:

– O CORONAVIRUS COVID-19 TRANSMÍTESE POR CONTACTO ESTREITO CAS SECRECIÓNS RESPIRATORIAS QUE SE XERAN CA TOS OU O ESBIRRO DE UNHA PERSOA CONTAXIADA

– ESTAS SECRECIÓNS PODERÍAN INFECTAR A OUTRA PERSOA SE ENTRASEN EN CONTACTO CO SEU NARIZ, OLLOS OU BOCA

– É POUCO PROBABLE A TRANSMISIÓN POLO AIRE A DISTANCIAS DE MÁIS DE 1 OU 2 METROS

– OS SÍNTOMAS MÁIS COMÚNS SON: FEBRE, TOS E SENSACIÓN DE FALTA DE AIRE

– O 80% DOS CASOS PRESENTAN SÍNTOMAS LEVES

Xa que nas instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, en certos momentos podemos coincidir con outros grupos de persoas persoas, debemos seguir as seguintes recomendaciones:

– LAVAR AS MANS FRECUENTEMENTE CON AUGA E XABÓN ANTES E DESPÓIS DAS ACTIVIDADES

– TOSER OU ESBIRRAR TAPANDO A BOCA CON UN PANO OU O CÓBADO

– EVITA TOCAR OS OLLOS, NARIZ E BOCA, XA QUE AS MANS FACILITAN A TRANSMISIÓN

– EVITAR O CONTACTO FÍSICO (DAR A MAN…)

– TRATAR DE MANTER UNHA DISTANCIA DE 1 M CON OUTRAS PERSOAS

– NO XIMNASIO UTILIZAR A TOALLA INDIVIDUAL E MANTER SEMPRE O CONTACTO CON ELA

– AS PERSOAS CON SÍNTOMAS DE RESFRIADO, GRIPE, TOS, FEBRE OU PROBLEMAS RESPIRATORIOS DEBEN EVITAR ACUDIR ÁS INSTALACIÓNS ATA QUE REMITAN OS SÍNTOMAS

Recorda:

– A SUDOR NON TRANSMITE O VIRUS

– FACER EXERCICIO MODERADO E MANTERSE EN FORMA AXUDA A MANTER MÁIS ALTAS AS DEFENSAS

– NON SE RECOMENDA FACER EXERCICIO MOI INTENSO PORQUE PODERÍA REDUCIR AS DEFENSAS

DIEGO IGLESIAS, GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS

DIEGO IGLESIAS, GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS

Esta semana, á volta das vacacións, o persoal da Piscina e Ximnasio municipais, fixo entrega do premio como gañador do concurso de postais de Nadal-2019 a Diego Iglesias Ortigueira.

O premio consistíu en unha mochila con un lote de material deportivo.

Diego realizou unha preciosa postal que encantou ó xurado e ca que se felicitou o Nadal ós usuarios das instalacións.

Diego cursa 2º de Primaria no Colexio A Encarnación. Asiste á piscina co grupo de natación escolar do centro e encántalle nadar.

Parabéns Diego !!!

NOVAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS EN SECO

NOVAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS EN SECO

A partir do 7 de xaneiro temos unha nova oferta de actividades dirixidas en seco:

  • CORE – Tonificación abdominal: Para mellorar o equilibrio da pelve e fortalecer a musculatura abdominal con exercicios saudables, pero moi eficaces.
  • ADESTRAMENTO FUNCIONAL: Adestramento dirixido para manter o equilibrio muscular e postural e mellorar a túa condición física xeral.
  • C.A.I. Circuitos de alta intensidade: Actividades de corta duración e alto impacto para conseguir unha boa condición física cando dispós de pouco tempo.

As tres actividades conxuntas teñen unha tarifa plana de 2,5 € ó mes para os aboados.

Infórmate e inscríbete na recepción.

FESTA ACUÁTICA DE NADAL

FESTA ACUÁTICA DE NADAL

A tarde do vindeiro sábado 28 de decembro, todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL -2019

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL -2019

A partir do luns 25 de novembro e ata o sábado 14 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.

BASES CONCURSO POSTAIS PISCINA CALDAS-19

PECHES COMPETICIÓN

PECHES COMPETICIÓN

Durante a temporada 2019-20 as instalacións estarán pechadas para os usuarios os seguintes días por Competición:

  • DOMINGO 17 – NOVEMBRO 2019: 2ª Xornada Liga Galega
  • SÁBADO E DOMINGO 18-19 XANEIRO 2020: Cpto. Galego ALEV-INF-CAD.

Ambas competicións están organizadas polo CLUB ACUÁTICO UMIA.

As gradas estarán abertas e a entrada será libre para asistir ás competicións.

 

COMENZO DA TEMPORADA 2019-20

COMENZO DA TEMPORADA 2019-20

No mes de outubro comenza a nova temporada 2019-20 e o horario de inverno.

Tamén comenzan os novos horarios das actividades en auga:

– Campaña de Actividade acuática Escolar
– Cursos de natación infantil, nenos e adultos.
– Actividades para bebés
– Actividade acuática terapéutica.

E as actividades dirixidas en seco:

– Pilates
– Hipopresivos
– Funcional