LARA ÁLVAREZ GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS NADAL-23

LARA ÁLVAREZ GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS NADAL-23

Lara Álvarez Piñeiro foi a gañadora do concurso de postais de Nadal-23.
A postal de esta precoz artista de 6 anos foi destacada entre as numerosas e ben bonitas postais recibidas. O xurado tívo moi difícil a elección final, xa que o nivel de todas as postais recibidas foi mo alto.
A postal foi utilizada para felicitar o Nadal ós usuarios e seguidores da Piscina Municipal.
Lara recolleu o agasallo do premio durante as vacacións.
Parabéns.

FESTA ACUÁTICA DE NADAL VENRES 22 DE DECEMBRO

FESTA ACUÁTICA DE NADAL VENRES 22 DE DECEMBRO

A tarde do vindeiro venres 22 de decembro, a partir das 17.00 h todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nen@s
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023

A partir do luns 20 de novembro e ata o sábado 16 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

HORARIO DE INVERNO

HORARIO DE INVERNO

Ca entrada do mes de outubro, tamén entra en vigor o horario de inverno, que se extenderá ata todo o mes de xuño:
De luns a venres de 8.30 a 13.30 e de 16.30 a 22.30 h
Sábados de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h
Domingos de 9.30 a 13.30 h
Recordamos que os aboados das instalacións poden seguir utilizando as da Piscina Municipal do Souto de Padrón.

APERTURA PERÍODO INSCRIPCIÓN CURSOS VERÁN

APERTURA PERÍODO INSCRIPCIÓN CURSOS VERÁN

O luns 12 de xuño ábrese o período de inscripción para os cursos e actividades dos meses de xullo, agosto e setembro de 2023.
Durante estes meses ofértanse novos cursos en diferentes días e horas, mesmo cursos infantÍs e para nen@s en horario de mañá.
A oferta inclúe cursos e actividades para nenos e adultos.
Calquera dúbida pode consultarse en recepción ou no tfno das instalacións.

CAMPIONATOS MASTER NA PISCINA DE CALDAS

CAMPIONATOS MASTER NA PISCINA DE CALDAS

A nosa piscina será a sede de dúas importantes citas deportivas que se celebrarán en datas vindeiras para a categoría Master de Salvamento Acuático.
– O sábado 25 de marzo: Campionato Galego. Esta competición disputarase só en xornada de tarde, polo que as instalacións abrirán con normalidade pola mañá.
– Venres 19 de maio: Campionato de España. Esta competición disputarase durante toda a xornada do venres.
Durante a celebración de ambas competicións, as instalacións non estarán disponibles para o uso por parte dos usuarios, pero as gradas permanecerán abertas ata completar aforo.

FESTA ACUÁTICA DE FIN DE ANO VENRES 30 DE DECEMBRO

FESTA ACUÁTICA DE FIN DE ANO VENRES 30 DE DECEMBRO

A tarde do vindeiro venres 30 de decembro, dende as 17 h. todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que despediremos o ano.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.

Durante a festa, a piscina non estará habilitada para o nado libre.