APERTURA DE GRADAS NADAL-2018

APERTURA DE GRADAS NADAL-2018

Durante a semana do 17 ó 22 de decembro as nais e pais poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases dos nenos para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

Xa que a presenza dos pais soe alterar o desenvolvimento dos cursos, o resto do tempo das clases realizarase con normalidade.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL – 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL – 2018

A partir do luns 26 de novembro e ata o sábado 15 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal ganadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.

BASES CONCURSO POSTAIS PISCINA CALDAS

ANTÍA, CAMPIONA DO MUNDO

ANTÍA, CAMPIONA DO MUNDO

A madrugada do 23 de novembro, Antía García Silva proclamouse Campiona do Mundo na proba 100 m. Rescate con Aletas na categoría absoluta.

O título, acadado en unha disputadísima final, está realzado polo altísimo nivel deportivo e de participación que se deu cita en estes campionatos do mundo celebrados en Australia.

Esta nova encheu de ledicia a todos os usuarios das instalacións que compartimos con ela os espazos da piscina ou o ximnasio, vémola adestrar diariamente e de un algún xeito, sentimos moi próximos os seu trunfos.

NORABOA ANTÍA !!! Estamos moi felices e orgullosos co teu novo triunfo.

ANTÍA GARCÍA, CAMIÑO DOS CAMPIONATOS DO MUNDO

ANTÍA GARCÍA, CAMIÑO DOS CAMPIONATOS DO MUNDO

Esta semana a Deportista Antía García Silva marchará para Adelaida (Australia) para desputar os Campeonatos do Mundo de Salvamento Acuático como parte dos deportistas que conforman a selección española.

Os traballadores e usuarios da piscina esperamos que o intenso esforzo que ven realizando durante tanto tempo de os seus froitos e poda acadar algún podio en esta cita tan importante.

Sorte Antía