NOVAS ACTIVIDADES E NOVOS GRUPOS

NOVAS ACTIVIDADES E NOVOS GRUPOS

Un paso máis na volta á normalidade:

Comenzamos novas atividades e aumentamos a oferta de grupos de actividades en seco e na auga:

G.A.P: Acrónimo que recolle as inicias de GLÚTEOS-ABDOMINAIS-PERNAS. En esta actividade colectiva realízanse exercícios que traballan principalmente os grupos musculares de estas zonas co obxectivo de modelalas e tonificalas.

ADESTRAMENTO FUNCIONAL: Esta actividade permitirache acadar unha gran forma física por medio de exercicios funcionais deseñados específicamente. Mellorarás a túa forza, flexibilidade, coordinación e as habilidades físicas xerais realizando unha gran variedade de exercicios motivadores.

IOGA: Unha actividade que te axudará a conectar corpo e mente. Unha combinación de actividade física e control postural ca que mellorar a alineación corporal, a flexibilidade e a respiración.

AQUA-ENFORMA: Actividade grupal que se realiza na piscina, que combina actividades de natación con exercicios diversos, co obxectivo de mellorar a capacidade cardiorespiratoria e a forza.

Ademáis abrimos novos grupos de PILATES

Infórmate na recepción.

ACTIVIDADES TEMPORADA 2021-22

ACTIVIDADES TEMPORADA 2021-22

Xa está aberto o prazo de inscripción para as actividades da temporada 2021-22 que comenzará en setembro.

A oferta inclúe actividades para menos e adultos.

Este curso recupérase a Campaña de Actividades Acuáticas para Escolares (NATACÓN ESCOLAR) que se ofertará ós Centros Escolares cas condicións Covid.

Tanto na piscina coma no ximnasio manténse un aforo máximo do 40 %

REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

Comprácenos comunicarvos que o próximo venres 26 de febreiro reabriremos as instalacións e os servizos que viñamos ofrecendo: Piscina (baño libre, cursos, adestramentos…) e Ximnasio (uso libre, actividades, pilates…)

Poderemos volver a realizar actividade física en un espazo seguro, con moito espazo, control da calidade do aire e grupos moi reducidos.

O horario de apertura será o seguinte:

LUNS A VENRES: De 8.30 a 13.30 e de 15.45 a 12.45 h

SÁBADOS: DE 9.30 A 13.30 e de 17.00 a 20.30 h

DOMINGOS: De 9.30 a 13.30 h

 

PECHE POR PANDEMIA

PECHE POR PANDEMIA

As últimas medidas adoptadas polas autoridades para atallar a pandemia propiciada pola covid-19, inclúe o peche das instalacións deportivas na nosa comunidade.

Por iso, vémonos obrigados a pechar a piscina e o ximnasio municipais, dende mañá mércores 27 de xaneiro por un período de tres semanas.

Durante o peche, e ata que se retome a actividade, todas as cotas quedarán conxeladas e todas as prazas manterán a reserva de xeito automático.

Por tanto non será preciso devolver recibos (xa que non se pasarán) nin adiantar os importes das reservas de praza.

Mentres as instalacións non abran de novo, non se cobrará ningún tipo de cota.

Os usuarios que xa solicitaran anteriormente a conxelación por non poder desprazarse dende outros concellos, verán compensados eses días na seguinte mensualidade.

Aproveitamos para desexarte todo o mellor en este momentos tan difíciles.

Non esquezas tratar de facer a actividade física que as túas circunstancias che permitan.

Recibe un cordial saúdo de todos os traballadores das instalacións.

CAMBIO DE HORARIO DAS TARDES

CAMBIO DE HORARIO DAS TARDES

Para adaptarnos á situación producida polas normas tomadas para loitar contra a pandemia Covid, dende o martes 26 de outubro, realizarase un pequeno cambio no horario vespertino.
Adiantamos 15 minutos o horario de apertura e peche das tardes, para quedar do seguinte xeito:
De luns a venres de 16.30 a 22.30 h.
Este cambio non afectará a ningún curso nin actividade.
O horario queda así:
DE LUNS A VENRES:
De: 8.30 a 13.30 e de 16.30 a 22.30 h.
SÁBADOS:
De: 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h.

DOMINGOS:

De: 9.30 a 13.30 h.

NATACIÓN ESCOLAR

NATACIÓN ESCOLAR

Durante o curso 2020-21, non se realizará a Campaña de Natación Escolar.
Para dar opción ós nenos e rapaces que viñan á piscina cos grupos dos colexios, ábrense novos cursos de natación dende as cinco da tarde (17 h)
Para manter a seguridade, os cursos serán aínda máis reducidos, mantendo unha ocupación máxima da instalación durante os mesmos do 22 % (a norma establece 75%)
Xa é posible inscribirse na recepción.
Máis información no tfno. das instalacións: 986 54 08 31

MATRÍCULA CURSOS TEMPORADA 2020-21

MATRÍCULA CURSOS TEMPORADA 2020-21

O luns 24 de agosto ábrese o período de matrícula para os cursos da temporada 2020-21 que comenzará en setembro.

A oferta inclúe cursos para menos e adultos.

En todos os cursos realizaranse modificacións para aplicar protocolos de seguridade para evitar a transmisión do Covid-19.

Os cursos de Natación Escolar serán ofertados nos propios centros escolares una vez comenzadas o curso escolar e empezarán en outubro.

SÍGUENOS NAS REDES

SÍGUENOS NAS REDES

Podes seguir a actualidade da Piscina, o ximnasio e o spa nas redes sociais.

Para estar ó día das novidades, cursos, actividades, horarios, competicións.

Búscanos cos seguintes perfís:

Facebook:   piscina caldas de reis

Instagram:    @piscinadecaldasdereis

 

VENRES 12 DE XUÑO: REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

VENRES 12 DE XUÑO: REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

Comprácenos comunicarche que reabriremos as instalacións o vindeiro venres 12 de xuño no horario habitual.

As condicións da apertura están reguladas polo marco normativo da Fase-3 do proceso de desescalada.

Os usuarios e público en xeral poderán desfrutar da piscina e o ximnasio para utilización por libre. Tamén se retomarán os cursos de Pilates que se realizarán en un espazo moito máis amplo. O resto dos cursos recuperaranse próximamente, en canto a situación o permita.

Os usuarios poderán contar con todas as medidas de seguridade e hixiene recollidas nos protoclolos correspondentes. Tamén se reforzarán as frecuencias de limpeza de todos os espazos das instalacións.

O aforo limtarase ó 12 % da capacidade (unha reducción maior da que indica a normativa da desescalada, que a fixa en un 30 %) para dispoñer de un espazo moito máis amplo e seguro para cada usuario

Para maior comodidade, establecerase un sistema mixto de acceso, con e sen reserva:

A reserva non será obrigatoria, aínda que se recomenda para as persosas que desexen asegurar unha hora determinada. Os usuarios que non reserven, poderán acudir á piscina ou o ximnasio en calquera momento dentro do horario habitual, sempre que haia prazas. Para reservar deberase chamar ó número de teléfono das instalacións (986 54 08 31). Poderase reservar dende o xoves 11.

Os usuarios deberán levar a mascariña individual que se deberá manter na recepción e nas zonas comúns, e que se quitará para facer a actividade física na piscina ou no ximnasio. Deberán manter a distancia interpersoal, dispoñendo de espazo suficiente e referencias espaciais.

Durante o mes de xuño, compensaranse os días non desfrutados no mes de marzo, co cal non se xirarán recibos ós aboados.

Os cursillistas das outras modalidades poderán compensar os días non desfrutados cando se reanuden os cursos, pero os que o desexen, poderán solicitar a devolución da parte proporcional que tiveran pagada.

Esperando vervos pronto de volta, recibe un cordial saúdo.