Novas

REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS
Comprácenos comunicarvos que o próximo venres 26 de febreiro reabriremos as instalacións e os servizos que viñamos ofrecendo: Piscina (baño libre, cursos, adestramentos…) e Ximnasio (uso libre, actividades, pilates…) Poderemos volver a realizar actividade física en un espazo seguro, con... Ler máis

PECHE POR PANDEMIA
As últimas medidas adoptadas polas autoridades para atallar a pandemia propiciada pola covid-19, inclúe o peche das instalacións deportivas na nosa comunidade. Por iso, vémonos obrigados a pechar a piscina e o ximnasio municipais, dende mañá mércores 27 de xaneiro por un período de tres semanas. Dur... Ler máis
Actividades

Acuaxim
Ximnasia na áuga ó ritmo da música. Mellora a túa condición física e a túa coordinación. Exercicio físico divertido, motivante e sen impacto. Axeitado para protexer as túas articulacións.

Adestramento funcional
Unha variada combinación de adestramento en suspensión, forza, flexibilidade e coordinación. Acada unha boa forma física con exercicios funcionais.

Triatlón
O deporte máis completo. Para nenas e nenos a partir de 11 anos. Actividade que combina a natación, a carreira e a ciclismo. Aprendizaxe técnica realizada de forma segura.

Running
Correr complementará a túa condición física e mellorarás a eficiencia cardiovascular. Se queres motivarte correndo en grupo con outros usuarios, podes inscribirte en recepción. A actividade é gratuita.

Pilates
Traballa a túa musculatura para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral. Un método moi eficaz para recuperar a sintonía co teu corpo.

Ximnasia Hipopresiva
Unha nova actividade para sentirte mellor. Beneficios: Fortalecemento do solo pélvico, Prevención da incontinencia urinaria, Reducción do perímetro abdominal...

Natación para bebés
Actividade conxunta da nai/pai co seu bebé orientada polo monitor. Estimulación precoz do teu bebé no medio acuático. Desfruta da auga ca túa filla ou o teu fillo.

Natación sincronizada
Iniciación e tecnificación e un deporte acuático que combina a natación a danza e a expresión corporal. Para nenas e nenos
Subscríbete

Piscina
Pulsa aquí para coñecer as características da piscina, as normas básicas de comportamento e tódalas actividades que podes realizar.
Ximnasio
Programas de adestramento, mellora da condición física, máquinas de musculación, pilates, circuitos...
Spa
Sauna, baño de vapor, ducha de contraste a baixa temperatura, bañeira de hidromasaxe, prediluvio...